navoltadafolla Profile Banner
Manuel Gago Profile
Manuel Gago

@navoltadafolla

Followers
969
Following
385
Media
265
Statuses
616

Nova conta de Manuel Gago. Un lugar no que a Historia se multiplica en historias. Podcast: https://t.co/vRarHlb4GY

Joined April 2025
Don't wanna be here? Send us removal request.
@navoltadafolla
Manuel Gago
7 months
Preséntovos o meu podcast Na volta da folla, unha versión sonora dos meus fíos e outros contidos, pensado en pequenas pezas sen guión. Spotify: https://t.co/Xa66MrYlfV Ivoox: https://t.co/ynRRUiIDx0 Amazon Music: https://t.co/37FEp8YuKA Youtube:
Tweet card summary image
youtube.com
Manuel Gago desenvolve neste podcast as exploracións na historia e cultura de Galicia que publica habitualmente noutras redes sociais. Unha porta aberta á vo...
4
18
50
@navoltadafolla
Manuel Gago
1 hour
Non é o mesmo pero neste mapa de freguesías (o de arriba é de entidades de poboación) vese ben como máis alá da fronteira está a continuidade cultural da Galicia Maior (póñase o límite no Douro ou mesmo en Coímbra, onde a consideraban os galegos da Alta Idade Media).
0
0
4
@navoltadafolla
Manuel Gago
1 hour
Coma sempre, o interesante destes mapas sería amosar a Península Ibérica no seu conxunto.
@UnamunoAgain
Unamuno 📜
9 hours
Cada punto negro es un pueblo/localidad
2
2
6
@navoltadafolla
Manuel Gago
3 hours
"O que máis me interesa é ver as súas posibilidades desde o punto de vista da información divulgativa do patrimonio galego. A miña angueira é que cando se lembre un novo formato tamén se lle relacione con algo do noso patrimonio" https://t.co/pU7BerRsLi
Tweet card summary image
lavozdegalicia.es
El divulgador e historiador Manuel Gago maravilla en las redes sociales con una grabación realizada con Grok en la que profetas, músicos o el Apóstol Santiago parecen cobrar vida. El vídeo, en las...
1
0
7
@navoltadafolla
Manuel Gago
12 hours
A alegría coa que se está descapitalizando o sector vinícola galego é unha cousa de non crer. Logo virán os choros. Los dueños de Ramón Bilbao se lanzan al godello con la compra de bodega Godeval
Tweet card summary image
lavozdegalicia.es
La gestión de la firma de la Denominación de Origen Valdeorras se mantendrá en el equipo actual
7
16
53
@navoltadafolla
Manuel Gago
23 hours
E unha noite da invernía pasada a filla dunha desas señoras levoume a escoitalas.
0
0
8
@navoltadafolla
Manuel Gago
23 hours
Polo que me dixeron, non se pode tentar falar con eles, porque o aire de morto pode entrar en ti. Se as das escoitado, hai que persignarse e rezar por esas almas atrapadas na ruela. As vellas que mo contaron dixéronmo sen medo, pero con respecto. Como unha obra de caridade.
1
0
9
@navoltadafolla
Manuel Gago
23 hours
Nas noites máis silenciosas e chuviosas ao pasar por esas ruelas hai que achegar a orella á parede das igrexas e estar en paz cun mesmo. E alí se poden escoitar os murmurios dos mortos, e ás veces se escoitan palabras soltas ou frases, laios ou preguntas.
1
0
11
@navoltadafolla
Manuel Gago
23 hours
E por último a escolla máis singular compostelá: as voces atrapadas. Faláronme delas en dúas calellas: a da rúa Xerusalén a san Miguel dos Agros e a da Travesa da rúa da Oliveira (Virxe do Camiño). Seica as voces dos mortos soterrados nas igrexas fican atrapadas alí.
1
0
15
@navoltadafolla
Manuel Gago
23 hours
En Casas Reais atopamos o Vello Pazo de Aranda. No seu vestíbulo hai unha monumental escaleira na que tamén se aparece unha moza moi ben vestida, á antiga. Como xa comentaba no libro, hai máis pantasmas femininas que masculinas. E os relatos sempre falan de mulleres elegantes.
1
0
11
@navoltadafolla
Manuel Gago
23 hours
Aquela muller miraba sempre para elas e nunca dicía nada. Nunca saía tampouco do aseo nin se vía en ningún outro sitio. Co tempo, as camareiras chegaron a normalizar a presenza daquela pantasma da que nunca souberon máis nada.
1
0
10
@navoltadafolla
Manuel Gago
23 hours
Por exemplo, no Hospital Real. Isto contoumo unha das primeiras camareiras do Hostal. Cando se inaugurou o hotel, estaba viva a memoria do antigo hospital. Seica había uns aseos nos que, cando entraban as traballadoras, vían sempre a unha muller moi elegante vestida á antiga.
1
0
13
@navoltadafolla
Manuel Gago
23 hours
En primeiro lugar, teño a certeza de que perdimos moitas historias, porque a cidade vella de Santiago e as súas mansións viviron un intenso proceso de cambio de propietarios. E coa marcha dos propietarios desapareceron moitas historias. Pero... segue habendo cousas.
1
0
11
@navoltadafolla
Manuel Gago
23 hours
Os libros abren portas sempre. Cando publiquei O sangue das pantasmas houbo veciños de Santiago que viñeron a contarme máis historias. E nos roteiros que fixen tamén me contaron outras. Vou falarvos de tres novas/vellas pantasmas compostelás.
1
10
44
@navoltadafolla
Manuel Gago
24 hours
Acaban de entrar unhas nenas disfrazadas nunha tenda e pediron “truco ou xamón ibérico!”. #professionaltips
1
2
32
@navoltadafolla
Manuel Gago
1 day
O pobo berra.
1
1
8
@navoltadafolla
Manuel Gago
2 days
No blog teño unha crónica de cando fomos ver estes cabezóns. Recomendo lelo para saber que pasou no enterro dunha das tías Casildas. 😉 https://t.co/7RgzZWns1k
0
2
10
@navoltadafolla
Manuel Gago
2 days
Así que a cabeza de Trasalba é polo de agora un misterio. E isto no concello de Amoeiro, que se destaca por incluír tamén máis cabezas raras e relevos de inspiración (e neste caso pode que tamén) cronoloxía da Idade do Ferro, como os 'cabezóns' da casa das tías Casildas.
1
2
15
@navoltadafolla
Manuel Gago
2 days
O uso de cabezas como canos de auga de fontes de igrexas e reitorais é habitual no Barroco galego, en efecto. Pero o intrigante é que esta cabeza non está situada na sacristía ou similar. Está da outra banda do espazo máis simbólico da igrexa: o antigo altar tridentino.
1
1
11
@navoltadafolla
Manuel Gago
2 days
Pero o retablo que temos polo interior é relativamente moderno, posterior á propia construción do muro no que está encastrada a cabeza, así que non temos pistas. Xabier Moure ten comentado que pode ser unha saída de auga dunha fonte. É posible, si.
1
1
7
@navoltadafolla
Manuel Gago
2 days
Como vedes, a cabeza ten os beizos entreabertos e unhas grandes orellas. Como outras cabezas que temos falado, parece que fala ou canta. E a boca está perforada ata moi fondo. A súa posición, na cabeceira, moi próxima ao altar e o sagrario da outra banda da parede, é intrigante.
1
1
8