MuseodoPobo Profile Banner
Museo do Pobo Galego Profile
Museo do Pobo Galego

@MuseodoPobo

Followers
8K
Following
6K
Media
2K
Statuses
6K

Investiga, conserva, divulga e promove a cultura e o patrimonio histórico-antropolóxico de Galicia dende 1977. 📸 🎥 #museodopobo

Santiago de Compostela
Joined January 2013
Don't wanna be here? Send us removal request.
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
2 days
📘 Mañá, 25 de novembro, ás 19 horas, terá lugar no Auditorio do Museo do Pobo Galego a presentación de "Terra de sacrificio", a última novela de @SusodeToro1 editada por @Xerais que xunta a Ramón Piñeiro e Castelao nunha nova interpretación da historia recente de Galicia.
0
4
9
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
5 days
💬 A conferencia, parte do ciclo "Faladoiros en Bonaval", pecharase cun coloquio aberto para debater conxuntamente sobre estas cuestións. #FaladoirosEnBonaval #PatrimonioCulturalInmaterial #PCI
0
0
0
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
5 days
O 27 de novembro, a arqueóloga e hisotriadora Ana Isabel Filgueiras rei ofrecerá no Museo do Pobo Galego o faladoiro "Antigos cerimoniais e procesións florais. A Gran Troménie de Locronan (Troveni Lokorn). Unha Irmandade Galaico Bretona"
1
1
8
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
6 days
🎶 🧺 Nos Xogos cantados que organiza do #DEAC, as nenas e nenos aprenden e son partícipes do noso patrimonio material e inmaterial a través da música e do movemento. Velaquí o alumnado do colexio Nosa Señora dos Remedios a xogar e a descubrir as pezas da nosa colección!
0
0
0
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
6 days
Hoxe, 20 de Novembro, celébrase o #DíaMundialdaInfancia, unha data que reivindica os dereitos das nenas e nenos á saúde, á educación, a xogar, á igualdade... 🕊️ 🤲 ❤️ Desde o Museo do Pobo Galego sumámonos á conmemoración e aspiramos á igualdade no acceso á cultura na infancia.
1
1
4
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
7 days
O #ProxectoDidácticoAntonioFraguasFraguas, promovido desde 2004 pola fundación homónima e apoiado pola @SXPL, impulsa a posta en valor do noso patrimonio desde as aulas, fortalecendo o vínculo entre a comunidade educativa e a cultura galega.
1
1
2
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
7 days
🐟 A sustentabilidade das artes de pesca a través do proceso de encascado de redes: o caso de Burela, do IES Monte Castelo, na categoría de ensino secundario.
1
0
0
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
7 days
🎭 "Viva o entroido vivo! Lingua, festa e comunidade", dos centros CEIP Lamas de Abade, CEIP Apóstolo Santiago e CEIP Pérez Viondi (coa colaboración do CEIP Apóstolo Santiago, o CEIP Pérez Viondi, o CIFP Compostela, Aspanaes e a Escola Infantil Raiola).
1
0
0
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
7 days
Recentemente, inauguramos no Museo do Pobo Galego a mostra dos proxectos gañadores da XIII edición dos Premios Antonio Fraguas Fraguas. 👉 Velaquí un resumo da xornada. Canto aprendemos! 💡 Os proxectos galardoados xa poden visitarse no Claustro Alto do Museo do Pobo Galego 👇
1
1
5
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
9 days
Na mesa redonda, moderada por Ana Boullón, participarán tamén Richi Casás e Xabier Díaz. A entrada é libre até completar capacidade. ▶️ Emisión en directo a través de
Tweet card summary image
academia.gal
0
0
1
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
9 days
O Museo do Pobo Galego e o #APOI participarán este sábado, 22 de novembro, no "Simposio Día das Letras Galegas 2025. As cantareiras e a poesia popular oral", a través de Isabel Vigo, nunha mesa redonda titulada "Cantareiras: balance dun ano e perspectivas de futuro da tradicion".
1
2
7
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
9 days
🗞️ "Concepción Losada recibe este martes o VIII Premio Luís Porteiro Garea" - Diario de Santiago. Noticias de Santiago de Compostela y Galicia. https://t.co/usk9kd6GhT
Tweet card summary image
diariodesantiago.es
El Paraninfo de la Universidade de Santiago de Compostela (USC), situado en la Facultade de Xeografía e Historia, acoge este martes a las 12.00 horas el […]
0
0
1
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
11 days
Un encontro organizado co apoio do @consellocultura e do #ConselloGalegodeMuseos, e co que celebramos o 20º aniversario do noso Instituto de Estudos das Identidades.
0
0
2
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
11 days
🤝 Desde o Museo acreditamos nun camiño compartido para facer máis forte o ecosistema museístico galego. Grazas a todas e todos por acompañarnos!
1
0
2
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
11 days
• A asistencia das administracións debe medrar, tamén a nivel científico-técnico, como sinalou Xosé Carlos Sierra.
1
0
0
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
11 days
• Os museos pequenos teñen unha enorme función social e comunitaria. Hai que fortalecer a cooperación entre espazos, como defendía Xerardo Pereiro.
1
0
0
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
11 days
🔎 Principais conclusións: • Precísanse máis recursos e persoal para combater a precariedade. Como lembraba Fátima Braña, moitas actividades saen adiante “coa vontade” do propio equipo.
1
0
0
@MuseodoPobo
Museo do Pobo Galego
11 days
Pecha no #MuseodoPoboGalego o Coloquio Galego de Museos Locais, dúas xornadas nas que máis dunha ducia de museos e coleccións do país compartimos retos, ideas e futuro.
2
0
7