Garua2015 Profile Banner
Galegas Profile
Galegas

@Garua2015

Followers
5K
Following
4K
Media
697
Statuses
3K

Agora en @galegas.bsky.social Conta de Celia Torres Bouzas.

Vigo, Galicia
Joined December 2015
Don't wanna be here? Send us removal request.
@Garua2015
Galegas
2 months
Unha historiadora inglesa doa a Vigo obxectos familiares do Pazo de Castrelos.
Tweet card summary image
lavozdegalicia.es
Fotografías inéditas permitirán conocer cómo eran el inmueble y los jardines a principios del XX
1
3
8
@Garua2015
Galegas
1 year
Pandeireteira e violinista descansando na feira. 📷 A. D. 1917. Unhas Letras Galegas, as de 2025, centradas sobre todo nas mulleres, principais creadoras e transmisoras da tradición oral. Polas cantareiras, polas pandeireteiras... pola poesía popular. Vivan as #LetrasGalegas2025
3
167
504
@Garua2015
Galegas
9 months
Muller facendo madeixas en Allariz. 📷 José Suárez, 1930. Est'é o tempo d'estroupel'estroupele, est'é o tempo d'estroupelear, est'é o tempo de maza-lo liño, est'é o tempo do liño mazar. 🖊️ Popular.
1
25
100
@Garua2015
Galegas
9 months
Traballadoras da Pontesa, Ponte Sampaio. 📷 A.D., c. 1965 Durante 4 décadas moitas mulleres da área de Pontevedra concentraron a súa forza de traballo na fábrica Pontesa, unha das máis avanzadas no comezo e protagonista de protestas laborais nos últimos anos. 🖊️Do gris ao violeta
0
29
108
@Garua2015
Galegas
9 months
Equipo feminino do Atlante, Vigo. 📷 Arq. Llanos, 1925. Dous equipos femininos, o Atlante e o Bruselas Fémina Club (ambos de Bruxelas), de xira por varias cidades, disputaron un encontro en Coia. Segundo a prensa enchían os campos, especialmente de mulleres. 🖊️Cristina L. Villar.
1
26
86
@Garua2015
Galegas
9 months
Muller traballando na Farmacia Baltar. Padrón. 📷 Arquivo Familia Baltar, c. 1936. "Non entredes, nenas, nunca nas boticas da ciudade, que nelas quitan o unto ás roxas da vosa idade". 🖊️ Canción aldeá.
0
32
97
@Garua2015
Galegas
9 months
Muller nunha rúa de Combarro. 📷 Dieuzaide, 1961. Os soportais das casas mariñeiras utilizábanse para gardar das inclemencias do tempo os útiles de pesca. Noutras ocasións usábanse como lugar para os postos de venda dos produtos ofrecidos por artesáns ou labregos. 🖊️P. de Llano.
1
41
155
@Garua2015
Galegas
9 months
Mulleres mercando e vendendo no mercado do Campo de Granada, Vigo. 📷 Arq. Pacheco, c. 1930. Á esquerda da foto, diante da entrada á rúa de San Sebastián, atópase o chamado "Banco dos Contos", lugar onde os feirantes do antigo mercado se sentaban a facer números. 🖊️ Pedro Feijoo.
0
26
71
@Garua2015
Galegas
9 months
Mulleres fiando en Forcarei. 📷 Manuel Barreiro Ouro, 1951. O fiadeiro é tamén un lugar de conversa. Por iso di a cantiga: "Quen queira saber as cousas vaia a forxa do ferreiro, de a volta polo forno, veña polo fiadeiro". 🖊️ Popular.
0
46
146
@Garua2015
Galegas
9 months
Mulleres con cestas na cabeza diante da rúa Carral, Vigo. 📷 A.D., c. 1900. Para as súas compras e vendas, estas mulleres adoitaban levar os cartos na faldriqueira ou farraca. Unha especie de bolsa de tea que levaban agochada baixo a saia ou o refaixo.
1
44
148
@Garua2015
Galegas
9 months
Mulleres despedindo emigrantes. 📷 A. Martí, c. 1960. O emigrante, alá onde estea, sempre estraña unha cousa invariábel: o lugar natal, o país de orixe. Todo o seu presente seméllalle momentáneo: a estadía, o traballo... A súa mente incuba a cada intre ideas de retorno. 🖊️ X.G.G.
0
49
142
@Garua2015
Galegas
9 months
Mulleres vesando unha leira, Pontevedra. 📷 A. D., c. 1900. Eran as vesadas o nome co que nalgúns lugares de Galicia se denominaba a tarefa de botar unha veiga de millo ou patacas. Este labor facíase ao ritmo dos cantos e aturuxos que marcaban as participantes. 🖊️ Calixto Albán.
3
44
138
@Garua2015
Galegas
9 months
Nenas paseando cos xoguetes. 📷 Bene, c. 1950. Ata a chegada da Mariquita Pérez (1940), as bonecas eran de trapo, de celuloide e, as máis exquisitas, de china. Pronto outros fabricantes competiron e apareceron Gisela, Cayetana (pola duquesa de Alba), Mariló... 🖊️ Gonzalo Allegue.
0
35
139
@Garua2015
Galegas
9 months
Melchor toca unha gaita, Baltasar un tamboril, o Gaspar, que non é músico, alumea cun candil. (Recollido no Couto de Outeiro, Mondoñedo, por Carlos Gómez)
0
7
26
@Garua2015
Galegas
9 months
Mulleres nun rancho de reis, Salceda de Caselas. 📷 Arq. muni. Salceda, c. 1960. "Os tres camelos dos reis ó chegaren a Galicia, como non viron deserto, morrían os tres de risa. E, ó veren tanta auga nos regatos e nas rías, -Que catarro imos coller como veña unha chovisca! 👇
2
50
164
@Garua2015
Galegas
9 months
Muller tocando o bombo, Vedra. 📷 Arquivo CCG, c. 1955. Aos instrumentos gaita e tamboril, chegou a engadirse outro, o bombo, nalgunhas comarcas de Galicia. Pero deste non se fala nos antigos contratos, o que fai supoñer que debeu introducirse en época moderna. 🖊️Paco del Riego.
0
36
130
@Garua2015
Galegas
9 months
Muller baixo un alpendre. 📷 Carlos Valcárcel, c. 1970. "Xaneiro xiadeiro, febreiro escarabanadeiro, marzo amoroso, abril chuvioso, maio ventoso, San Xoán caloroso, que fai o ano formoso". 🖊️Popular.
4
67
221
@Garua2015
Galegas
9 months
A cantareira Adolfina Casás, Cerceda. 📷 Dorothé Schubarth, c. 1980 "Ano Novo con ben veñas cos años e cas ovellas e co sol por riba das tellas, cos cabirtos e cas crabas, os galáns cas mas damas e as cuncas con as culleres e os homes cas mulleres". 🖊️ Popular #LetrasGalegas2025
0
36
134
@Garua2015
Galegas
9 months
Telefonista de Carral. 📷 José Gestal, "Cardoña", c. 1955. José Gestal exerceu de notario imparcial da súa tribo. Nas súas imaxes non hai nin crítica nin exaltación, só empatía e respecto para coa dignidade dunha comunidade humilde. 🖊️ Xurxo Couto.
0
28
98
@Garua2015
Galegas
9 months
Mulleres nunha excursión. 📷 Joaquín Pintos, c. 1920. Un cento de mulleres posan ante a cámara nun crisol de miradas, actitudes e complicidades que segue a interpelarnos un século despois. 🖊️ Museo de Pontevedra.
0
14
75